jueves, 27 de octubre de 2011

Galiciencia e novos proxectos á vista!!

Xa levamos un mes de traballo nas Aulas Tecnópole e non descansamos... Preparamos para a Galiciencia traballos como o iKinect; Ensino 3D, Inflenza das ondas wifi....
Pero para este curso preparamos: Cámara de néboa; Sabedoría Prohibida: todo sobre as mazás; Estudo Hidrográfico da zona da Limia; Sondas metereolóxicas; Superticións e lendas ao longo da historia; Cohetes de auga...

Emocionadas e emocionados coa CIENCIA!

miércoles, 5 de octubre de 2011

COMEZAMOS!!!!

Segunda semana de Aulas Tecnópole! Escollendo traballos, continuando, perfeccionando...
Das cousas máis cotiáns e simples podemos tirar grandes e xeniais ideas...
Anímate e ven con nós!


"Todos somos muy ignorantes. Lo que ocurre es que no todos ignoramos las mismas cosas." (Albert Einstein)

martes, 31 de mayo de 2011

Reality Bites con Xosé Fraga!!! Ciencia é creatividade!

O xoves 26 estivo na Tecnópole Xosé Fraga, director dos museos cientíticos da Coruña!
Falounos de ciencia e cultura, da necesidade de formar un espírito crítico, do interesante de publicar traballos, de fomentar a investigación...
Falou tamén do sistema científico e da divulgación científica e a súa influenza para crear cidadáns libres, con capacidade de opinión!
Hai 25 anos que os museos científicos teñen vida na Coruña, e que forman parte da vida desta cidade! Museos interactivos en diálogo co visitante grazas ás monografías, a web e a interactividade!

Convidounos a visitiar http://www.misterdarwin.eu/?lang=es e nós tamén vos convidamos!!!

Grazas Xosé Fraga por facernos máis sabios!!!!

miércoles, 25 de mayo de 2011

Presentacións, presentacións, presentacións

Parece que foi onte... e xa estamos rematando!!!! Ultimando traballos, preparando presentacións, definindo obxectivos, perfilando resultados...


jueves, 12 de mayo de 2011

Influenzas sobre a lúa

Tras varias semanas de medicións dos allos planardos nas diferentes etapas da lúa pódense sacar conclusions o mellor precipitadas mais todo indica que non, que a fase lunar na que as plantas se sementan non inflúe no seu crecemento.

CONTROLAR PÁXINA WEB CON CÁMARA KINECT

O noso traballo consiste en crear unha web que puidese ser controlada cos nosos propios movementos mediante a cámara Kinect. Tras varias semanas de esforzo, conseguimos movelo rato e facer click. O noso obxectivo será conseguir manexar a web. Tan só nos queda o último retoque.

miércoles, 11 de mayo de 2011

ENCICLOPEDIA VIRTUAL


Estamos deseñando unha enciclopedia virtual con titoriales sobre da seguridade informática. Está programado en .bat e iranse engadindo melloras co tempo. Entre outras cousas, modificaremos o código fonte para poder exercutar o programa Linux.

ROBOT LOITADOR DE SUMO

Estamos  construíndo un robot para xogar nun campo de batalla con outro robot. A parte física está case acabada, só nos falta construír unha carrocería feita de fibra de vidro. O software e toda a programación segue en espera do deseño da carrocería, porque os parámetros dependen dun deseño. Nunhas semanas estará rematado!!!!


miércoles, 4 de mayo de 2011

Jóvenes investigadores

Me voy a presentar a jóvenes investigadores para presentar el trabajo: estudio de las ondas cerebrales y sus variaciones cuando escuchamos sonidos artificiales y naturales.

jueves, 28 de abril de 2011

Día de portas abertas!!!

Houbo exposicións de traballos, visita das aulas e laboratorio, lanzamento da sonda e... festa!! A curiosidade: flocos de millo feitos en cociña solar!
visita da aula de tecnoloxía
preparación da sonda

cociña solar... preparando flocos de millo

xa asoma o globo que elevará a sonda

miércoles, 6 de abril de 2011

Xornada de portas abertas , ven á Tecnópole o xoves 14!!!!!!!!!!!

     Queres saber o que está pasando nas Aulas Tecnópole? Invitámoste a velo cos teus propios ollos o vindeiro 14 de abril ás 17 horas no edificio CEI da Tecnópole.
    



Agardámoste!

jueves, 31 de marzo de 2011

Grandes avances

En nuestro proyecto tratamos de demostrar lo perjudiciales que pueden ser las ondas wifi para el crecimiento de las plantas, para ello hicimos dos plantaciones con maíz, lentejas, tréboles y alubias en cada una de ellas, ambas al lado de un amplificador de ondas.
Una de las plantaciones tratamos de aislarlas lo máximo posible de estas ondas imitando una
jaula de Faraday con papel de aluminio, la otra plantación la dejamos totalmente expuesta a las ondas.
Hoy obtuvimos los primeros resultados, las plantas aisladas de las ondas para buscar la luz del sol crecieron más finas y altas. Y brotaron más semillas que en la plantación que estaba sin cubrir.

jueves, 24 de marzo de 2011

Despois dalgúns problemas técnicos á hora de botar o paracaidas, soltámolo e caeu controladamente ata que chocou contra a ventá do edificio. A experiencia foi emocionante, e atraeu a unha chea de público que desexaba impacientemente a execución da experiencia. A verdade é que esperabamos algo moi diferente

miércoles, 16 de marzo de 2011

O MÉTODO CIENTÍFCO

Outro día de traballo... Con catas de bebidas de cola, experimentos con maicena, elaboración de robots, documentación e bibliografía de coches teledirixidos, exercicios de programación... Viva a ciencia!!!

jueves, 10 de marzo de 2011

Xoves 10 de marzo!

A traballar!! Sen máis demora!!! O material está aquí... tamén o bo tempo! Un recordo do mércores pasado... a ciencia... e os seus segredos!

jueves, 3 de marzo de 2011

metodo cientifico

Hoxe, unha nova experiencia no Tecnopole. Comezamos cunha pequena charla na que nos explican en que consiste o metodo cientifico (observación do problema, elaboración de hipóteses, comprobamento, aprobación ou refutación...)
Moitos de nós atopámonos na fase da búsqueda de antecedenes tras pasar a elaboración da nosa hipótese...
Eso aínda non rematou :)

miércoles, 2 de marzo de 2011

Bocados de realidade.

Hoxe veu visitarnos o presentador do programa de radio Efervescencia para falarnos de moitas cousas moi interesantes:

-En primeiro lugar, falounos do inxenua que pode ser a xente ao crer calquera cousa que se diga nos medios de comunicación.

-Logo falounos de que a ciencia estaba case en calquera parte, como por exemplo na serie de televisión dos Simpsons.