martes, 31 de mayo de 2011

Reality Bites con Xosé Fraga!!! Ciencia é creatividade!

O xoves 26 estivo na Tecnópole Xosé Fraga, director dos museos cientíticos da Coruña!
Falounos de ciencia e cultura, da necesidade de formar un espírito crítico, do interesante de publicar traballos, de fomentar a investigación...
Falou tamén do sistema científico e da divulgación científica e a súa influenza para crear cidadáns libres, con capacidade de opinión!
Hai 25 anos que os museos científicos teñen vida na Coruña, e que forman parte da vida desta cidade! Museos interactivos en diálogo co visitante grazas ás monografías, a web e a interactividade!

Convidounos a visitiar http://www.misterdarwin.eu/?lang=es e nós tamén vos convidamos!!!

Grazas Xosé Fraga por facernos máis sabios!!!!

miércoles, 25 de mayo de 2011

Presentacións, presentacións, presentacións

Parece que foi onte... e xa estamos rematando!!!! Ultimando traballos, preparando presentacións, definindo obxectivos, perfilando resultados...


jueves, 12 de mayo de 2011

Influenzas sobre a lúa

Tras varias semanas de medicións dos allos planardos nas diferentes etapas da lúa pódense sacar conclusions o mellor precipitadas mais todo indica que non, que a fase lunar na que as plantas se sementan non inflúe no seu crecemento.

CONTROLAR PÁXINA WEB CON CÁMARA KINECT

O noso traballo consiste en crear unha web que puidese ser controlada cos nosos propios movementos mediante a cámara Kinect. Tras varias semanas de esforzo, conseguimos movelo rato e facer click. O noso obxectivo será conseguir manexar a web. Tan só nos queda o último retoque.

miércoles, 11 de mayo de 2011

ENCICLOPEDIA VIRTUAL


Estamos deseñando unha enciclopedia virtual con titoriales sobre da seguridade informática. Está programado en .bat e iranse engadindo melloras co tempo. Entre outras cousas, modificaremos o código fonte para poder exercutar o programa Linux.

ROBOT LOITADOR DE SUMO

Estamos  construíndo un robot para xogar nun campo de batalla con outro robot. A parte física está case acabada, só nos falta construír unha carrocería feita de fibra de vidro. O software e toda a programación segue en espera do deseño da carrocería, porque os parámetros dependen dun deseño. Nunhas semanas estará rematado!!!!


miércoles, 4 de mayo de 2011

Jóvenes investigadores

Me voy a presentar a jóvenes investigadores para presentar el trabajo: estudio de las ondas cerebrales y sus variaciones cuando escuchamos sonidos artificiales y naturales.