jueves, 20 de diciembre de 2012

Galiciencia 2012

Somos María e Luis, participamos na Galiciencia deste ano coa nosa "Pantaia multitáctil feita a partir dun monitor de televisión".
Moi boas! Eu chámome Luis Ruiz de Almirón e como xa dixemos participei nesta Galiciencia 2012 co traballo xa dito, e vouvos contar como foi a experiencia neste acontecemento. Primeiro dicir que eu xa tiña vido a unha exposición en Barcelona, a Exporeçerca, e naqueles días estaba moi nervioso e case non puiden durmir. Nesta exposición os nervios desapareceron, sentíame acollido ao estarmos na nosa propia cidade no propio parque tecnolóxico, mais tivemos que traballar moito para conseguir estabilizar o proxecto para a súa presentación ao público, un público maioritariamente nenos que era máis doado explicarlle a eles.

Ola, bo día! Son María, a miña experiencia? Foi moi boa, e non só pola perda de clase, que bueno, non estivo de máis :D
O noso proxecto foi relativamente popular, viñeron moitos nenos de diversos colexios de Ourense. Recordo que deixei moitas veces só a Luis para ir dar unha volta por ahí para ver outros proxectos; había moitos bastante bos como o videoxogo, unha casa ecolóxica ou o gañador, un coche eléctrico.
É unha experiencia totalmente recomendable.


miércoles, 19 de diciembre de 2012

ESLOVAQUIAA :))

Somos Alba e Iria, e na Exporeçerca Jove do 2012 tivemos a grandísima sorte de quedar segundas e gañar a viaxe a Eslovaquia, o que nos permitiu vivir unha serie de incribles experiencias.
A nosa aventura partiu do aeroporto de Santiago dun voo cara Barcelona, onde nos esperaba o noso responsable de MAGMA, Pablo, e o noso compañeiro Pol.
Unha vez en Eslovaquia, participamos no Festival Vedy a Techniky http://festivalvedy.sk/. Alí coñecimos a outros concursantes que participaron na categoría de extranxeiros, coma nós. Especialmente, establecimos unha boa relación nun grupo de belgas, cos que tivemos que falar en inglés, español e francés (sabían catro idiomas, polo menos!). Algunhas das cousas que nos sorprenderon era que a maioría dos participantes autóctonos vestían traxe, sen embargo apenas dominaban o inglés. Outra cousa á que nos tivemos que adaptar foi aos peculiares e pequenos stands de cartón, o que nos obrigou a apañarnos pegando as cousas na parede.
Tanto os xueces coma os premios para os extranxeiros brillaban pola súa ausencia, pero a experiencia de coñecer outros países, aprender a comunicarte e relacionarte noutros idiomas foi moi gratificante, ademais do turismopola cidade guiado por unha persoa ao cargo da asociación Eslovaca AMAVET que tamén nos traducía ao inglés.
O último día pudimos aproveitar que o avión saia ás 8 de Viena para facer turismo por esa fermosa cidade, o cal gustounos moito.
Recomendamos a toda as persoas que teñan interese na investigación que teñan a ocasión de participar en calquera concurso que se esforce e non desaproveite as oportunidades, porque as experiencias e a satisfación persoal, por moito que vos contemos, é indescriptible.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

¿Que hicimos hoy?

Hoy estuvimos sacando ideas entre todos de un posible proyecto, hay muchos muy interesantes y cada grupo que no tenía se decantó por uno, después nos pusimos manos a la obra buscando los materiales para realizar el proyecto y subimos a la nube los enlaces para comprar los materiales, y en cuanto tuve un poco de tiempo libre me he puesto a escribir esto.
PD: os animo a comentar y darle a me gusta a este blog :D