miércoles, 19 de febrero de 2014

Traballos das Aulas Tecnópole con visión internacional

Nos días pasados fixemos algunhas entrevistas en referencia a nosa participación nun certame a nivel europeo con financiación da propia Unión Europea. Ese certame é o Youth KiiCS Award onde participan proxectos de toda Galicia. As Aulas Tecnópole congratúlanse de contar con 18 proxectos seleccionados na primeira fase do certame. Entres eles está o meu, un aeroxenerador con capacidade de xerar hidróxeno usando a electrólise da auga. Este aeroxenerador está pensado para aproveitar as enerxías renovables e así xerar hidróxeno. Pero, por que alguén querería transformar a enerxía renovable en combustible? É unha pregunta sinxela de responder: O hidróxeno nunha combustión, nun produce ningún gas contaminante como o CO2. O hidróxeno produce auga en estado gaseoso e enerxía. Este cambio nos combustibles é totalmente viable tanto en motores de combustión, como caldeiras de gas, coa vantaxe da enerxía limpa e totalmente renovable.
Álvaro Babarro