martes, 25 de marzo de 2014

Traballos dos alumnos e alumnas das Aulas na final dos KiiCS!


Tres dos cinco finalistas dos Premios KiiCs de Arte, Ciencia e Tecnoloxía 2014 son das Aulas Tecnópole! Estes son:

§  Creando un videoxogo personalizado:
Con este proxecto propoño adentrarme nos mundos virtuais e no máis profundo da imaxinación para sacar de alí os mundos cos que todos soñamos algunha vez e contestar a esta pregunta:

¿Será posible elaborar un videoxogo partindo dende cero, cuns coñecementos básicos de programación nunha linguaxe chamada Processing e cun orzamento de 0€? Y aínda máis, ¿poderase crear unha ferramenta ou algún sistema para que calquera poida personalizalo e xogar co seu propio personaxe?
§  Deseño dun sistema de detección de infraccións:
Dende hai algúns anos estanse utilizando timidamente en baloncesto as novas tecnoloxías na arbitraxe. Así, na liga americana, a NBA, cando se produce unha xogada moi polémica recórrese ao vídeo e párase o xogo. Aínda que este recurso se emprega moi raramente para evitar un exceso de interrupcións no partido.
Pensamos que é posible deseñar un sistema de deteción de limitacións dun campo de Baloncesto mediante LEGO MINDSTORMS para detectar unha infracción contra o artigo Art.23 das Regras oficiais FIBA.
§  Estudo da ergonomía da espalda:
Na actualidade oito de cada dez españois padecen algún tipo de dor de espalda nalgún momento da súa vida. Estas afeccións causan unha de cada cinco baixas laborais no noso país. As dores de espalda non están reservadas aos traballadores adultos; os fisioterapeutas están preocupados pola alta incidencia de dores de espalda en escolares debido á sobrecarga das súas mochilas.
Por este motivo propuxemos crear un tipo de respaldo intelixente que poida avisar ao usuario mediante un sinal luminoso se a súa postura é correcta ou non. Para a súa construción desenvolveuse un circuíto eléctrico e tívose en conta a curvatura media ou normal da rexión lumbar da espalda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario