miércoles, 14 de mayo de 2014

Ciencia-Calle-2013
11 DE MAIO DÍA DA CIENCIA NA RÚA EN A CORUÑA.
Acudimos o día da ciencia na rúa en A Coruña un evento moi completo cheo de actividades ao aire libre onde calquera  pode participar e gozar dende o lanzamento de cohetes de auga, actuacións de grupos cómicos, pasarúas de cabezudos, magos e sobre todo das exposición de experiencias científicas dun modo ameno da man dos rapaces e rapazas de escolas de toda Galicia. 
Unha das curiosidades de este ano foi a iniciativa dun dos colexios de agasallar aos máis cativos con vermes de seda para que poidan aprender nas súa casa a metamorfose. Outro dos puntos fortes de esta XIX edición foron as impresoras 3D, os robots e outros dispositivos electrónicos da asociación Bricolabs. Ademais o día da ciencia na rúa todos os museos científicos coruñeses están abertos ao público de maneira gratuita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario