miércoles, 14 de mayo de 2014

Mencións especiais en Es de libro!


O xurado da 8.ª edición (2013/2014) do concurso “Si eres original, eres de libro” (http://www.esdelibro.es/), composto por Juan Kruz Iguerabide, Margarita Prado e Fernández, Carme Riera, Javier Sádaba, Margarita Salas, Ramón Tamames, a directora adxunta da Fundación Banco Sabadell, Sonia Mulero e Pedro de Andrés, presidente de CEDRO, decidiron conceder dúas mencións extraordinarias a dous traballos de investigación das Aulas Tecnópole (o fallo do xurado coñeceuse hoxe, día 14 de maio de 2014):

-          Estudio de la ergonomía de la espalda en posición sentada y diseño de sistema de detección de malas posturas (http://sillainteligente.wordpress.com/) de Alba Fernández González e Uxía García Vázquez de 1º e 2º de Bacharelato respectivamente.

Este traballo xa fora galardoado neste curso académico con dous importantes premios: o 1º premio categoría B da Galiciencia, organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia, e o 1º Premio KiiCS–I de arte, ciencia e tecnoloxía, organizado polo Excmo. Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos Coruñeses e coa colaboración de educaBarrié.

- Diseño y construcción de células fotovoltaicas con materiales caseros (http://electroquimicofotovoltaico.wordpress.com/) de Saúl Cid Sarria e Álvaro Babarro Estévez, alumnos de 2º bacharelato.

Nesta edición do certame participaron 2.150 alumnos e profesores de toda España.

Nos tres anos que as Aulas Tecnópole participaron en "Si eres original, eres de libro", dende 2011 a 2014, sempre recibiron algún recoñecemento por parte do xurado:

En 2012.

Recibiron o Premio Segundo Ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria. Efectos de las ondas electromagnéticas en la germinación de las semillas y el crecimiento de las plantas. Traballo realizado por Queila Bouza Peteriro que hoxe está en Los Ángeles defendendo un traballo na INTEL-ISEF sobre cómo combater a chuvia ácida mediante metais de sacrificio como o magnesio.

Este premio foi entregado por D. José María Lassalle, Secretario de Estado de Cultura,  e a académica Dª Margarita Salas, presidenta do xurado, o 26 de maio de 2012 na cerimonia de entrega de premios no edificio Caixa Forum de Madrid (Paseo del Prado número 36, Madrid)

En 2013.

Outras dúas mencións extraordinarias:
-          ¿Nos puede aportar información sociológica la distribución de redes wifi en una población?
-          Estudio de la radioactividad en el entorno familiar debido al gas radón de Saúl Cid Sarria, galardoado tamén este ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario